CRTVG

Buscar

O piloto falecido facía as manobras máis arriscadas e mesmo debuxara un corazón no ceo para pedirlle matrimonio á súa moza

Publicado o 26/08/2019 20:03
O piloto falecido facía as manobras máis arriscadas e mesmo debuxara un corazón no ceo para pedirlle matrimonio á súa moza

O piloto falecido fronte ao Mediterráneo, Francisco Marín, era un dos máis valorados da Patrulla Águila, o equipo acrobático do Exército do Aire. Marín podía poñer o avión, o CASA C-101, a máis de 700 quilómetros por hora e era o encargado de facer as piruetas e manobras máis arriscadas.

Unha das manobras máis espectaculares que protagonizou o comandante Marín realizouna en xullo de 2016 en Murcia. Os integrantes da Patrulla Águila debuxaron un corazón no ceo, que o piloto agora falecido atravesou como unha frecha. Xa no chan e coa exhibición terminada, Marín dirixiuse á súa noiva cun anel e pediulle que casase con el.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí