CRTVG

Buscar

O piloto do accidente aéreo en Etiopía comunicou problemas

Publicado o 10/03/2019 21:19

O piloto do avión que caeu en Etiopía avisou de que tiña dificultades momentos antes do sinistro, que non deixou superviventes. Entre os 157 mortos, dous deles españois, hai persoas de máis de 35 nacionalidades.

O avión caeu a uns 60 quilómetros da capital de Etiopía, de onde partira, con destino á capital de Kenya. O voo acababa practicamente de saír. Nas liñas aéreas de Etiopía, ás que pertencía, recoñeceron que o piloto informou de que tiña problemas e pediu regresar pero inmediatamente o aparello desapareceu do radar.
O director executivo da aeroliña dixo que é pronto para determinar as causas. Explicou que o piloto tiña experiencia e que o aparello era novo e superara unha revisión rigorosa de mantemento o 4 de febreiro.

Ningún dos 157 ocupantes, entre eles dous españois, sobreviviu ao impacto. Hai vítimas de máis de 35 países. Este home foi afortunado porque perdeu o avión.
Conta que el viña de Dubai e chegou a Etiopía con atraso para coller o voo á capital de Kenya, o seu destino e onde o esperaba o seu pai, polo que o meteron no seguinte voo.

O avión sinistrado era un Boeing 737-800 MAX, con menos de catro meses. En outubro un modelo idéntico caeu ao mar en Indonesia aos poucos minutos de partir do aeroporto de Xakarta. Morreron 189 persoas. Como neste caso, o aparello era novo, tiña menos de ano e medio.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019