O PIB caeu un 8,9 % en 2020 en Galicia
Publicado o 25/03/2021 16:39
A menor dependencia que ten do turismo e da hostalería e o peso do sector agroalimentario contribuíron a que Galicia resista mellor a crise que o conxunto do Estado. É unha das conclusións do último informe do Foro Económico de Galicia.
O Produto Interior Bruto galego caeu en 2020 un 8,9 %, dous puntos menos que a media estatal, onde o PIB se afundiu un 11 %. En Galicia hai unhas dez mil empresas en ERTE. Aquí, todos os sectores amosaron un mellor comportamento, excepto o primario.