CRTVG

Buscar

O pianista británico James Rhodes responde ao convite do 'Luar'

Publicado o 28/02/2019 14:09
O pianista británico James Rhodes  responde ao convite do 'Luar'

O pianista británico James Rhodes está de xira en Galicia. O venres 1 de marzo actúa en Santiago e o sábado día 2 na Coruña. Así que a conta oficial do Luar en Twitter lanzoulle este convite.

Para sorpresa de todos, a resposta de Rhodes non tardou en chegar.

James Rhodes está xerando moitas simpatías nas redes sociais polos esforzos que está facendo para aprender galego, un idioma do que fachendea sempre que pode. Nos últimos tempos, está sendo bastante habitual ler chíos del falando sobre Galicia e os galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019