O Peugeot 2008 fabricado en Vigo, entre os 10 máis vendidos en Europa
Publicado o 28/09/2020 15:50
O Peugeot 2008, fabricado no centro de Vigo de PSA, sitúase entre os 10 máis vendidos en Europa. Concretamente, este modelo está no sétimo posto. En total matriculáronse máis de 13.450 unidades no mercado europeo.
O Peugeot 2008, unha forte aposta de PSA-Vigo, colócase por detrás do Skoda Octavia e o Dacia Sandero, que ocupan a quinta e a sexta praza do ránking, respectivamente.