O pesqueiro Manuel Laura volve a Vigo cun positivo por covid
Volve a Vigo o pesqueiro Manuel Laura con polo menos un mariñeiro contaxiado. O pesqueiro ten previsto regresar ao porto en Vigo en dous días. Detectouse un caso positivo de covid entre os seus 12 tripulantes, boa parte deles orixinais da zona do Morrazo.
A armadora, con sede en Vigo, e en coordinación co Centro Radio Médico de Madrid, que dá asisencia as 24 horas en mar aberto, optaron porque o barco volvera a España. Esta decisión tomouse despois da mala experiencia que viviron os mariñeiros o pasado venres cando arribaron á costa de Irlanda para que un deles recibise asistencia médica. O home amosaba claros síntomas de padecer coronavirus. Despois de moitas dificultades conseguiron que fose visto por un sanitario. As autoridades irlandesas confirmaron que era positivo. O tripulante atópase estable.
No pesqueiro hai outro caso sospeitosos de covid, pero neste caso non se lle chegou a realizar a proba. O Manuel Laura podería volver a Vigo o mércores.