CRTVG

Buscar

O pesqueiro apresado con 2.500 quilos de cocaína chegará a Vigo o luns.

Publicado o 01/06/2019 13:04


O pesqueiro apresado con 2.500 quilos de cocaína no Atlántico viaxa cara ao porto de Vigo, remolcado por un patrulleiro de Aduanas. Calcúlase que o valor do alixo no mercado ilegal superaría os 70 millóns de euros.

Entre os sete detidos no barco atópanse varios galegos dos que non transcendeu a identidade. De momento, non houbo arrestos en terra pero si rexistros nalgúns domicilios e propiedades vinculadas aos tripulantes.

O Servizo de Vixiancia Aduaneira logrou interceptar o barco nas inmediacións das illas dos Azores, despois de que o pesqueiro, con base no País Vasco, recollera os fardos de droga transportados dende Suramérica por unha embarcación nodriza.

Os responsables desta operación antidroga darán máis información sobre o apresamento o luns, cando está previsto que cheguen co barco intervido ao peirao vigués.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2019