CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O peso das mochilas non debe exceder o 10% do peso do neno

Publicado o 15/09/2017 14:54

Volta á escola, e volta ás mochilas, o peso do material escolar e o eterno debate sobre o xeito máis axeitado de cargar con el sen provocar lesións musculares.

Non hai máis que botar unha ollada ao mercado de mochilas para ver que a oferta é ampla e variada. A moda das mochilas con rodas xa pasou o seu momento de gloria e son moitos os que volven cargar cos libros ás costas. As recomendacións dos fisioterapeutas inciden en que o peso da mochila non debe exceder o 10 por cento do peso do propio neno. Ademais, ese peso debe estar equilibrado, ben repartido e apoiado sobre a zona lumbar.

As mochilas de rodas están ben, pero hai que evitar tiróns, por exemplo, ao subir escaleiras. A medida que van crecendo... a carga das mochilas tamén aumenta. O peso da mochila, segundo os fisioterapeutas, non debería superar o 10 por cento do peso de quen carga con ela. Tamén convén suxeitala ben, axustada ao corpo, e que non sexa excesivamente grande. Levar a carga sobre rodas tampouco é garantía. Pero non todos seguen as recomendacións. A moda máis recente son as mochilas de 4 rodas, útiles nos aeroportos pero pouco prácticas para circular pola rúa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí