CRTVG

Buscar

O peso das mochilas escolares non debe superar o 15% do peso corporal dos rapaces

Publicado o 03/09/2020 19:11


Para un rapaz ou rapaza que pese 40 quilos, por exemplo, o peso da súa mochila escolar non debe superar os seis quilos. Así o cren os pediatras e os fisioterapeutas, que coinciden en sinalar que o peso da mochila non debe ser superior ao 15% do peso corporal do neno. Con todo din que se un neno ou nena ten unha actvidade física correcta, ten máis capacidade para tolerar o peso da mochila

 "O que si podemos é dar unha mensaxe de tranquilidade ás nais e aos pais é que sobre todo cando se ven molestias nas costas nos nenos, non hai ningún vínculo, ningunha evidencia que marque que o peso dos libros nas costas dos nenos e por levar a mochila ao cole vai producir problemas severos nas costas a longo prazo", sinala Fátima Fontenla.

Á hora de comprar o material, recomendan optar mellor pola mochila que polo trolley

 A recomendación podería ser máis tirarnos pola mochila que polo trolley, porque a repartición das cargas, aínda que pensemos que así non levamos nós o peso, a repartición das cargas vai estar máis equillibrada. Co trolley ao final a postura é unha rotación do tronco é máis descompensado, o brazo lévano como máis cara atrás do corpo", recomenda Fátima Fontenla.

Outras das recomendacións é que as mochilas deben ser de tirantes anchos e cunha suxeición na zona lumbar, a ser posible. Tamén é importante que o que máis pesa, como libros ou cadernos é o que ten que ir na zona da mochila que vai máis pegada ao corpo.

Noticias web

03/09/2020