CRTVG

Buscar

O Pescados Rubén celebra en Burela o título de Liga

Publicado o 29/06/2020 16:57

Un ano para enmarcar: Liga, Copa, Supercopa e Recopa para o Pescados Rubén. Un equipo profesional ao cen por cento. Unha marabillosa aventura de deporte, de fútbol sala.

A expedición viaxou toda a noite. E chegou este mediodía a Burela. Unha vila laranxa, unha vila orgullosa. Celebración coa xente na rúa, bailando e no balcón da casa do Concello. 

Son as campioas de liga. Nunha temporada diferente, con paréntese, con reinicio do campionato, coas cabezas condicionadas por tantas emocións.

Noticias web

29/06/2020