CRTVG

Buscar

O Pescados Rubén Burela triunfa na pista do Roldán (3-5)

Publicado o 10/04/2021 14:50

Na primeira división feminina de fútbol sala, o Pescados Rubén Burela consolida o seu primeiro posto cun triunfo na pista do terceiro clasificado, o Roldán. E iso que aos 15 segundos de partido xa perdían as xogadoras galegas. Antes do descanso déronlle á volta ao resultado cos tantos de Ale de Paz e Leticia Cortés. Na segunda parte, o Roldán foi capaz de igualar pero o Burela non deu opción e desequilibrou con outro gol de Ale de Paz, un tanto a propia meta o definitivo 3-5 anotado por Jane Marques.

Noticias web

10/04/2021