O Pescados Rubén Burela sucumbe co Barcelona no Palau
Publicado o 16/10/2021 13:51
Imos co fútbol sala e coa máis que complicada cita que afrontou onte o Pescados Rubén Burela na cancha do Barcelona.
O equipo laranxa visitaba a un dos grandes aspirantes ao título e pouco puido facer diante do seu potencial. Perdeu por 6 goles a 1, nun partido no que xa cedía por 4 a 0 aos doce minutos de xogo.
Pitero marcou o único tanto para os galegos, logo dunha boa recuperación. Coa desvantaxe no marcador, o Burela optou polo porteiro xogador.
Xerou ocasións de perigo pero os goles foron barcelonistas. O gardameta Dídac, coa portería baleira fixo o 6-1 definitivo.