CRTVG

Buscar

O Pescados Rubén Burela recibe o recoñecemento do Goberno galego

Publicado o 15/03/2021 21:04

O mellor equipo do mundo de fútbol sala feminino recibiu hoxe o recoñecemento do goberno galego. O presidente da Xunta recibiu as integrantes do Pescados Rubén de Burela no Pazo de Raxoi.

Núñez Feijóo gabou os éxitos deportivos do club da Mariña, campioas da Liga, da Copa da Raíña e da Supercopa. Salientou tamén a súa contribución á igualdade no deporte.

Ademais do recoñecemento como mellor equipo do mundo de fútbol sala feminino, o pasado mes de xaneiro, levaron tamén galardón o adestrador e a súa mellor xogadora, Peque.

Noticias web

15/03/2021