CRTVG

Buscar

O Pescados Rubén Burela destitúe a Juanma Marrube

Publicado o 23/02/2021 22:07

O Burela Pescados Rubén de fútbol sala masculino acaba de destituír o seu adestrador, Juanma Marrube. Nun comunicado anunciando o cesamento, o club xustifica a medida en que quere darlle un revulsivo ao equipo para lograr os obxectivos da temporada.

O técnico de Alfoz, que ascendeu o Burela hai tres temporadas, dará mañá unha conferencia de prensa de despedida.

Noticias web

23/02/2021