CRTVG

Buscar

O Pesca 2 rescata un pescador portugués ferido nos cantís da costa de Baiona

Publicado o 05/05/2019 18:07

O helicóptero do Servizo de Garda Costas tivo que rescatar esta mañá un mozo portugués na costa de Baiona. O home, de 31 anos, estaba pescando con dous amigos cando esvarou nunha rocha e caeu polos cantís. Estaba a unha altura duns tres metros e non podía moverse porque tiña fracturas nunha perna e nun ombreiro.

Os bombeiros e a Policía Local de Baiona intentaron auxilialo, pero estaban nunha zona de acceso difícilo e foi precisa a actuación do Pesca 2 para poder evacualo ata o hospital vigués Álvaro Cunqueiro. Durante as manobras de rescate a Garda Civil de Tráfico cortou a estrada para minimizar os riscos para condutores e ciclistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2019