CRTVG

Buscar

O Pesca 1 rescatou un home que quedou ferido ao caer nas pozas do río Pedras

Publicado o 17/07/2017 13:38

O Concello afirma que vai mellorar a accesibilidade e poñer carteis para informar da localización e dos perigos da zona

Un home de 55 anos resultou ferido nas pozas do río Pedras, un entorno natural de difícil acceso situado na Pobra. O helicóptero Pesca 1 tivo que acudir ao lugar para poder evacualo.

A alarma saltou sobre as tres da tarde. Os servizos de rescate chegan á zona tras andar máis de media hora polo canón do río. O ferido ten varias contusións fortes. O lugar é moi escarpado. A evacuación por terra é complicada e perigosa, polo que se mobiliza o helicóptero Pesca 1 para trasladar o home ao Hospital Clínico de Santiago. Os bombeiros din que estes incidentes son cada vez máis comúns.

O regato de San Xoán e o río Barbanza conflúen no río Pedras. As pozas son abruptas, pero tamén un reclamo turístico. Internet dispara o aspecto lúdico da zona.

Cada vez máis persoas gozan deste entorno. Os bombeiros falan de comportamentos temerarios.   

Os servizos de rescate mesmo tiveron problemas para accederen ao lugar pola cantidade de coches que había estacionados na estrada. O Concello afirma que vai mellorar a accesibilidade e poñer carteis para informar da localización e dos perigos da zona.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017