CRTVG

Buscar

O persoal dos PAC advirte que seguirán mobilizándose para recuperar "dereitos perdidos"

Publicado o 27/02/2019 15:46

Despois de rexeitar o último borrador proposto polo Sergas, o persoal dos puntos de atención continuada, os PAC, asegura que continúa en pé de guerra para recuperar, di, os dereitos perdidos. Entre eles, o pagamento do 100 % dos complementos de nocturnidade e festividade.

Ana Boedo, membro do comité de folga dos PAC: "Non pedimos aumento salarial, pedimos que se cumpra o que pon o pacto, que nos paguen o 100 % dos complementos de nocturnidade e festividade. Pedimos que se fagan equipos completos, de xeito que en cada PAC onde hai dous médicos se poñan tamén dúas enfermeiras".

O Sergas mantén a súa proposta

O Sergas di que mantén a súa proposta para os Puntos de Atención Continuada e apela aos representantes dos traballadores para que reconsideren a súa postura. Reitera que o documento que presentou na última reunión recolle, segundo asegura, máis do 80 % das reivindicacións solicitadas. En concreto, di que a súa proposta contén nove das once peticións das organizacións sindicais e que introduce melloras nas condicións laborais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019