O persoal de tres fundacións de investigación sanitaria reclama un convenio único galego
Publicado o 24/04/2019 15:30
Os comités de empresa de tres fundacións de investigación sanitaria de Galicia reclaman un convenio laobral único de ámbito autonómico. Representan arredor de 400 profesionais, dedicados a tarefas investigadoras, traballos técnicos e de administración e xestión.
Ezequiel Álvarez, Fundación de Investigación Sanitaria de Santiago: "Necesitamos un convenio que rexa a nosa peculiaridade laboral porque en investigación é algo diferente: bastante temporalidade nos contratos, precariedade nos salarios, non está definida a carreira profesional nestas fundacións e, polo tanto, precisamos un convenio laboral que rexa todo isto".