CRTVG

Buscar

O persoal de Isowat reclama o compromiso de Industria para a continuidade da empresa

Publicado o 07/01/2019 15:08

Os traballadores da planta coruñesa de Isowat reclaman o compromiso do Ministerio de Industria que permita a continuidade desta empresa, en fase de liquidación, da que dependen 79 empregos. A deputada de En Marea Yolanda Díaz apoiou esta mañá a demanda do comité de empresa para constituír unha mesa de traballo que busque solucións de futuro.

Yolanda Díaz, En Marea: "Facemos un chamamento ao Ministerio de Industria para que constitúa como piden os traballadores unha mesa de traballo en que estean representados todos os sectores afectados. Entre eles os propios traballadores a través do seu comité de empresa, pero tamén a Xunta de Galicia e, por suposto, o Ministerio de Industria".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019