CRTVG

Buscar

Os traballadores da antiga Alcoa da Coruña rexeitan o estatuto das electrointensivas que presentou o Goberno

Publicado o 14/02/2020 12:19

Os traballadores da antiga Alcoa volven temer polo futuro da fábrica. Din que o agardado estatuto das electrointensivas non recolle os compromisos pactados co Goberno, e que seguen en inferioridade de condicións co resto de industrias do aluminio de Europa.
Xa levan máis dun ano sen producir, e temen que a planta non se volva poñer en marcha.

 Miguel Conde. Membro do comité de empresa de Alu Ibérica, "Esta empresa ten unhas expectativas de producir alumnio verde moi interesantes, pero necesita a activación das eletrolises que foi o compromiso que adquiriu co Goberno e, de momento, o Goberno non está cumprindo"

O delegado do Goberno discrepa. Di que co estatuto que presentou o Goberno as empresas que consomen máis enerxía teñen, por primeira vez, un marco estable para producir.

Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia, "vai haber unha estabilidade, as empresas van saber en que marco se moven, e van ter un custo enerxético moitísimo menor do que teñen neste momento"

Aos traballadores de Alu Ibérica non lles saen as contas, e anuncian que retomarán as mobilizacións se non se modifica o estatuto.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020