O persoal de Alcoa urxe o Goberno a tramitar o estatuto das electrointensivas
Publicado o 08/02/2019 15:06
Os traballadores de Alcoa pídenlle ao Goberno central que tramite con urxencia o estatuto das empresas electrointensivas.
Cren que é o paso fundamental para atopar un comprador para as plantas da Coruña e de Avilés. Polo momento, non transcendeu ningunha proposta concreta, só que hai empresas e fondos de investimento interesados.
O comité da Coruña prepara unha mobilización en Madrid para finais deste mes, unha convocatoria aberta aos traballadores de todo o sector industrial.