CRTVG

Buscar

O persoal de Alcoa mantén unha folga de 24 horas para buscar solucións ao peche

Publicado o 08/01/2019 08:18

Hoxe reúnense en Madrid o Ministerio de Industria, a Xunta, o Principado, os sindicatos e a dirección da empresa

Pola súa banda, os traballadores de Alcoa iniciaron ás dez desta pasada noite unha folga de 24 horas para reclamar que se busquen alternativas ao peche da planta da Coruña.

Este martes levarán as súas protestas a Madrid, onde está prevista unha nova xuntanza entre o Ministerio de Industria, a Xunta e o Principado, os sindicatos e a dirección de Alcoa. As conversas entre todas as partes intensifícanse, cando faltan 8 días para que remate o prazo que deu a empresa para solucionar o conflito.

Se de aquí a alá non hai avances, a partir do 15 de xaneiro Alcoa empezará a despedir todo o cadro de persoal, tanto da Coruña coma de Avilés. En total, unhas 700 persoas.

Noticias web

08/01/2019