CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa na Coruña aprazan ata o próximo luns a votación do preacordo

Publicado o 17/01/2019 19:40

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao di que non vai aceptar o plan da dirección que lles afecta directamente e que nin sequera negociaron con eles. A empresa propón recolocar un cento de traballadores das plantas da Coruña e de Avilés na factoría da Mariña, onde vai promover baixas incentivadas. Desde o comité din que esta medida pon en perigo máis de cen postos de traballo eventuais.

Xosé Paleo, presidente do Comité de empresa Alcoa San Cibrao: "Eses traballadores están á espera dun contrato de remuda, se agora nos escamotean eses contratos, que foron negociados hai dous anos no convenio colectivo, e xa pagamos por eles. Están abocando ao despedimento, ou así o entendemos nós, xa que a empresa non se puxo en contacto con nós, a preto dun cento de traballadores".

Desde o comité de Alcoa San Cibrao están dispostos a asumir os traballadores da Coruña e de Avilés sempre e cando non se sacrifiquen empregos na súa planta. De feito, din que esa sería unha boa solución, porque levan tempo denunciando que traballan cun cadro de persoal reducido.
 

Noticias web

17/01/2019