CRTVG

Buscar

O persoal da UCI de Santiago denuncia deficiencias nas súas condicións de traballo

Publicado o 07/12/2020 15:57

Persoal da UCI de adultos do Hospital Clínico de Santiago levaron a cabo esta mañá un acto de protesta en que se disfrazaron de enfermeiros.

Con esta manifestación queren denunciar as deficiencias que segundo eles, teñen que soportar nas súas condicións de traballo. A súa reivindicación céntrase tamén en que a unidade está obsoleta.

Dende a Xunta xa anunciaran que o vindeiro ano se fará unha reforma integral da UCI.

Noticias web

07/12/2020