O persoal da UCI de adultos do clínico de Santiago reclama cun enterro a reforma da unidade
Publicado o 30/11/2020 14:36

Protesta no hospital Clínico de Santiago Ás portas do centro, o persoal da UCI de adultos escenificou o enterro da unidade. Os traballadores denuncian que está obsoleta e piden unha reforma integral que mellore as condicións de traballo.