CRTVG

Buscar

O persoal antiincendios da Xunta, en alerta a partir de hoxe

Publicado o 16/06/2021 15:28

Comeza agora unha quincena de xuño complicada polas condicións meteorolóxicas e polas predicións a curto e medio prazo que favorecen a propagación dos incendios forestais.

Os servizos de extinción están xa preparados para actuar ante calquera incidencia, as 24 horas do día. Comezan esas gardas para o persoal técnico de prevención e para os axentes ambientais e forestais. Terán dende hoxe o mesmo horario que no período de alto risco de incendios, marcado oficialmente dende o 1 de xullo e ata o 30 de setembro.

Mentres, as queimas de particulares continúan prohibidas en toda Galicia.

Noticias web

16/06/2021