O Perseverance buscará rastros de vida nun cráter que antes foi un lago
Por moi emocionante e feliz que fora a chegada de Perseverance a Marte toca continuar coa misión. Aínda coas homenaxes vermellas en cidades como Os Ánxeles ou San Francisco e coa resaca da celebración cómpre poñerse a traballar. Perseverance leva case 24 horas en Marte e, para responder á pregunta de se houbo vida ou non no planeta vermello, ten moito que facer.
O primeiro paso é poñer a punto todos os seus sensores e sistemas, á vez que recarga pillas e acumula enerxía para os seus próximos movementos. Está no cráter Jezero, un antigo lago que acabou secando. Na Terra os lagos están cheos de seres vivos e a evidencia de vida queda preservada na area , por iso, considera a NASA, é o lugar ideal para recoller sedimentos. Moverase só nunha zona de 24 KM, un desafío para o control da NASA que terá que sortear as rochas e os lugares máis escarpados.
Facer todo isto levará dous anos. Os que xa estean atrapados coa historia de Perseverance poderán saber onde está en cada momento a través deste mapa interactivo compartido pola NASA. Toda unha aventura que supera calquera ficción e que, terá final feliz, se volve con mostras de rochas e po. Contarémosllelo en 430 días.