CRTVG

Buscar

O Perseverance busca probas de vida marciana

Publicado o 19/02/2021 17:49

A aterraxe, entre aplausos, do Perseverance en Marte foi un éxito. Eran as 10 da noite cando o vehículo de exploración, desenvolvido por Estados Unidos canda outros países europeos, incluída España, se pousaba no cráter Jezero.

Os científicos pensan que hai 3.500 millóns de anos alí había un gran lago. É o inicio da misión máis importante da NASA ata o momento. Tamén a máis custosa: 2.200 millóns de euros. O seu cometido principal é atopar rastros de vida pasada.

Ademais Perseverance, que estará uns dous anos en Marte, vai preparar o terreo para un obxectivo futuro máis ambicioso: traer por primeira vez terra e rochas de Marte ao noso planeta para poder estudalas polo miúdo.

Noticias web

19/02/2021