CRTVG

Buscar

O peronista Alberto Fernández anótase un contundente triunfo nas primarias na Arxentina

Publicado o 12/08/2019 10:19

O peronista Alberto Fernández impúxose este domingo nas eleccións primarias ao presidenta da Arxentian, Mauricio Macri, por unha ampla ventaxa de máis de 15 puntos, o que lle sitúa como favorito de cara aos comicios de outubro.

Aínda que as últimas sondaxes coincidían en situar en primeiro lugar a Alberto Fernández, que leva como compañeira de fórmula á senadora e ex-presidenta Cristina Fernández de Kirchner, ningunha daba unha diferenza tan grande como a que conseguiu nestas primarias.

Para acceder en prmeira volta á Xefatura do Estado arxentina é preciso obter o 45 por cento dos votos nas xeais ou máis do 40 por cento cunha diferenza de 10 puntos sobre o máis inmediato rival, polo que se se repiten estes resultados nos comiciios do próximo 27 de outubro, Fernández podería gañar sen necesidade dunha seunda volta.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019