CRTVG

Buscar

O peronismo gaña as primarias na Arxentina e fala dunha nova etapa

Publicado o 12/08/2019 16:44

O peronismo gaña as eleccións primarias na Arxentina. A lista de Alberto Fernández, que leva como número dous a Cristina Fernández de Kirchner, obtivo un 47% dos votos. Estes resultados deixan moi tocado o presidente Mauricio Macri, que co 32% dos votos ve perigar a súa reelección nas eleccións do mes de outubro. Na noite electoral, o gañador das primarias, Alberto Fernández, falou xa dunha nova etapa na Arxentina.

Amarga xornada a que se está a vivir aquí no búnker do presidente Mauricio Macri unha vez coñecidos os resultados provisionais das eleccións primarias que dan unha contundente vitoria para o candidato krichnerista, Alberto Fernández, por máis de 10 puntos.

Co 47% dos votos, Alberto Fernández deu a sorpresa e foi o claro vencedor dunhas eleccións que deixan moi tocado un Mauricio Macri que non tivo paliativos á hora de asumir a derrota. O 27 de outubro celebrarase a primeira rolda das eleccións presidenciais, o que lle outorga ao actual Goberno máis de dous meses para reverter a opinión pública.

A pesar de que o resultado destas eleccións non son para nada definitivos, a carreira cara á Casa Rosada comeza a ter un claro favorito.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019