CRTVG

Buscar

O período de transición para os duques de Sussex podería durar un ano

Publicado o 14/01/2020 15:27

Era a incógnita real despexándose tras das árbores. O núcleo duro da monarquía británica congregado dúas horas na residencia de campo de Isabel II. E todo o reino expectante ante o novo capítulo deste terremoto iniciado a semana pasada cando Henrique e Meghan anunciaron unilateralmente o seu paso atrás.

"Dixeron que un paso atrás, non un abandono", subliña Leslie Carrol, experta na familia real.

Boris Johnson declina falar do asunto. Con todo, despois da xuntanza o enigma fíxose oficial nun comunicado.

"A raíña quere solucionalo rapidamente", analiza o biógrafo real.

A raíña concede un "período de transición" aos duques de Sussex. "Hai asuntos complexos que resolver", apunta.

"Quero que quedes, pero es libre de marchar", traduce a prensa.

E o pobo traduce tamén. En Londres óese: "A familia real é moi consciente da imaxe que ten."

E na illa de Vancouver en que poderían residir a tempo parcial Henrique e Meghan óese: "Así poderemos amosar ao mundo as marabillas deste país".

Entre o Canadá e Londres irán adaptándose ao novo futuro. Non se sabe cantos cartos públicos irán deixando de recibir, canto volverá a traballar a real actriz.

"Marchan porque xa tiveron abondo do racismo da prensa británica, e pouco apoio da familia real".

Así fala quen escribiu sete libros de non ficción sobre a familia real. Pero sempre houbo certa tentación de ficción arredor da monarquía. A prensa xa di que a duquesa de Sussex mantivo todo este tempo un equipo buscándolle traballo en Hollywood. Perderán a súa dignidade de altezas reais?

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020