CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O 'Pergamiño Vindel' volve a Vigo oito séculos despois de ser escrito

Publicado o 25/09/2017 15:33
O 'Pergamiño Vindel' volve temporalmente a Vigo, onde fora escrito hai oito séculos. O documento partiu xa de Nova York, hoxe fai escala en Madrid e mañá chega a Vigo. É a peza central dunha exposición que comezará o 10 de outubro no Museo do Mar. A mostra estará aberta seis meses. En marzo, o pergameo volve á biblioteca de Nova York.
O 'Vindel' é unha peza fundamental da cultura galega. Contén os textos e as partituras de sete cantigas de amor escritas polo trobador Martín Códax.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí