CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Pergamiño Vindel, unha xoia da lírica medieval galego-portuguesa, volve a Galicia

Publicado o 14/09/2017 15:12
O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposta do PPdeG para poñer de relevo a importancia do Pergamiño Vindel, que o próximo mes de outubro regresa a Galicia.
O Pergamiño é unha xoia da lírica medieval galego-portuguesa que inclúe sete cantigas de amigo de Martín Codax datadas entre finais do século XIII e inicios do XIV. O documento, que levaba décadas na Morgan Library de Nova York, estará exposto entre outubro de 2017 e marzo de 2018 no Museo do Mar de Galicia.
.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí