CRTVG

Buscar

O Pergamiño Vindel regresa a Nova York tras ser visitado por 50.000 persoas en Vigo

Publicado o 06/03/2018 08:32

• O presidente da Xunta confía en que esta viaxe sexa de ida e volta

• Especial informativo do acto de despedida

 

Cinco meses despois de chegar a Vigo, o Pergamiño Vindel regresa a Nova York tras ser visitado por máis de 50.000 persoas no Museo do Mar de Galicia.

As cantigas de amigo de Martín Códax volveron soar á beira do mar que as inspiraron hai oito séculos para despedir o manuscrito que as atesoura. O Pergamiño Vindel contén sete cantigas e seis pentagramas do trobador galego.O manuscrito regresa á Morgan Library & Museum de Nova York, onde leva 40 anos depositado.

O presidente da Xunta confía en que esta viaxe sexa de ida e volta.

O Vindel marcha cara á biblioteca que custodia tamén biblias de Gutenberg, manuscritos de Balzac ou letras de Bob Dylan coa música dos trobadores actuais, que lle cantan, parafraseando a Códax, "e irei, madre a Vigo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2018