CRTVG

Buscar

O pequeno comercio, preocupado pola posibilidade de quedar fóra das prórrogas dos ERTE

Publicado o 23/09/2020 15:17

Este grande acordo social galego chega no mesmo día en que o Goberno central, a patronal e os sindicatos de España retoman a negociación para prorrogar os ERTE, e hai moitos sectores á expectativa. Un deles, o do pequeno comercio, está moi preocupado pola posibilidade de que os deixen fóra.

Din que os ERTE están a ser un salvavidas para os empresarios e que nestes momentos de incerteza, polo aumento de contaxios, non poden quedar á marxe desta ferramenta. Os empresarios lembran que un de cada tres empregados do sector aínda non volveu ao traballo. A Federación Galega de Comercio dá outro dato: desde abril, pecharon as súas portas máis de cen comercios en Galicia.

En plena negociación, o pequeno comercio mira de esguello a posibilidade de quedar fóra das prórrogas do ERTE.

Co escaparate de outono-inverno acabado de montar e o almacén cheo de mercadoría para esta tempada, José Antonio pon o acento na debilidade do pequeno comercio.

El logrou recuperar os dez empregados que tivo en ERTE. Carmen tres. Para ela foi un salvavidas nun momento de ceros.

Outros agardan liquidar o que tiñan e baixar o enreixado. Os que resisten piden apoio.

Advirten de que, sen axudas efectivas, o 30% do pequeno comercio podería pechar antes de que remate o ano.

Noticias web

23/09/2020