CRTVG

Buscar

O pequeno comercio oponse ao adianto das rebaixas de verán que anuncias ás grandes cadeas

Publicado o 07/06/2021 15:23

Ninguén parece saber moi ben cando empezan as clásicas rebaixas de verán. Algunhas grandes cadeas avanzaron que empezan xa este xoves que vén... Noutras franquías seguen mantendo a incógnita.

"Non sei, esperamos noticias da central. Espero que sexa a finai sde mes. O día dez sería moi pronto para nós", di Anahí Viqueira, encargada dunha franquía de tendas de roupa.

Quen tamén considera que sería nefasto este adianto é o pequeno comercio que estaba tentando animar a temporada con pequenas campañas de promoción.

"Cando parecía que todo ía ben desólganse estes 'señores' partíndo a campaña ao medio e saltan coas rebaixas", di José Antonio Seijas, presidente de Comercio Compostela.

O que non está moi claro é a ata que punto a clientela está esperando por esas rebaixas. 

"En realidade tampouco deixamos de comprar, ao non poder ir aos sitios, compramos por Internet"; "Ao non poder saír e estar confinado na casa, tendes a non gastar"; "Moito menos, dende o confinamento pasado case nada", din algunhas clientas.  

No pequeno comercio insisten en pedir un regulamento que atrase o comezo da campaña ata finais de mes.

"Agora a xente empeza a animarse, co sol todo anima", di Anahí. " Isto [de adiantar as rebaixas] é malo para o comercio en xeral, ao final veñen os peches", lamenta o presidente de Comercio Compostela.

En calquera caso, parece que a chamada dos descontos vai seguir tendo certo atractivo.

"Se poñen as rebaixas, haberá que compar todo o que non comprei ata agora", di unha clienta.

Noticias web

07/06/2021