CRTVG

Buscar

O pequeno comercio é o máis beneficiado polo incremento da ocupación dos establecementos

Publicado o 27/05/2021 16:27

A relaxación nas medidas chega tamén ao comercio. Desde o sábado poderán acoller máis clientes, ocupando ata o 75 por cento da súa capacidade.

O pequeno comercio é o máis beneficiado desta medida que vai permitir un maior número de clientes no interior dos comercios. Agardan que a ampliación na capacidade das tendas anime os clientes e que se reactiven as compras.

A acollida aumenta do 50 por cento ao 75, polo que as ringleiras ás portas dos establecementos deixarán de ser habituais. É un paso máis cara á normalidade moi agardado por todos.

Os comerciantes insisten no respecto da distancia social de metro e medio no interior e no cumprimento de todas as medidas de seguridade.

 

Noticias web

27/05/2021