CRTVG

Buscar

En Vilagarcía din que as grandes cadeas téxtiles seguen sen cobrar as bolsas

Publicado o 12/07/2018 14:18

A aplicación da normativa que desde o 1 de xullo obriga a cobrar as bolsas de plástico xa está a causar as primeira queixas. Desde a Asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía denuncian que varias cadenas do sector téxtil non cobran as bolsas de plástico. Din que o incumprimento da normativa está a xerar malestar entre os clientes do pequeno comercio onde si están aplicando a normativa.

Desde o un de xullo, todos os establecementos sexan do tipo que sexan están obrigados a cobrar as bolsas de plástico. Unha medida que, segundo denuncian desde a Asociación Zona Aberta de Vilagarcía, non se está a aplicar nalgunhas das cadeas do sector téxtil.

Un feito que comprobamos na rúa.

Desde a asociación aseguran que as bolsas que se están a dar de balde non cumpren a porcentaxe de reciclaxe esixida para estaren exentas de cobro. Din que ademais reciben moitas queixas de clientes por ter que pagar por bolsas que levan publicidade dos establecementos.

Están de acordo con que as bolsas de plástico se cobren para regular o seu uso ou que se vaian substituíndo polas de papel, pero consideran que a falta de control sobre a aplicación da normativa está a prexudicar o pequeno comercio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018