CRTVG

Buscar

O pequeno cociñeiro de só dous anos que triunfa en Youtube

Publicado o 08/11/2018 21:58

Ten só dous anos pero os seus vídeos xa namoraron nas redes pola súa desenvoltura entre os fogóns. Falamos de Roman Belville, un cativo que vive cos seus pais nos Estados Unidos. A súa nai ten unha canle de Youtube onde Roman acapara agora todas as miradas.

Todo comezou cando Ayla, a nai, non sabía que tipo de vídeo subir para cumprir coa cita que todos os seus seguidores se dan na súa canle cada mércores.

Pensou que estaría ben gravarse co seu fillo, pero parece que el xa sabía o que tiña que facer. Con moita desenvoltura empezou a mesturar os ingredientes e a falar á camara mentres facía unha torta, a súa primeira receita. E decidiu deixalo só! Desde entón, o neno ten unha sección de cociña dentro da súa canle de Youtube: “O recuncho da cociña de Roman”.

Nos vídeos pode verse sorrindo mentres mestura os ingredientes coa axuda dos seus pais, que o asisten nas tarefas máis complexas, como meter a comida no forno ou cortar cun coitelo.

E sempre pide educadamente os ingredientes. Di que o que máis lle gusta cociñar son galletas con anaquiños de chocolate, aínda que lle gusta probar todo, como se pode ver nos seus vídeos.

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018