CRTVG

Buscar

O peor abril de Murcia e Valencia en 50 anos, a causa do temporal

Publicado o 20/04/2019 21:21

Murcia e a Comunidade Valenciana rexistran o peor abril dende hai 50 anos, segundo o Laboratorio de Climatoloxía da Universidade de Alacante. Precisamente nesa provincia rexistráronse refachos de vento de 85 quilómetros por hora e caeron ata 170 litros por metro cadrado no municipio de Torrevieja. En Orihuela recolléronse case 40 litros e a caída dun muro dunha casa abandonada deixa dous homes feridos. O porto de Valencia pechou ao tráfico marítimo algo antes das doce da noite do venres e á mañá do sábado cerraban tamén o de Sagunto e Gandía, por moito mar e ventos de ata 40 quilómetros por hora.

Fala un dos afectados polo temporal: "Dous dos piñeiros que tiñamos detrás, no aparcamento, derrubáronse, e caeron sobre uns vehículos que estaban estacionados e gran parte da muralla que tiñamos aí detrás. Afortunadamente non houbo danos persoais, todo foron danos materiais".

Cento sete litros por metro cadrado nas últimas 24 horas na estación murciana de El Palmar. A choiva deixou numerosas árbores caídas e inundacións en 30 estradas, que provocaron que doce personas tiveran que ser rescatadas dos seus coches.

E nas Baleares houbo alerta laranxa, ata o mediodía tamén, no levante de Mallorca, Menorca e Eivisa, con ventos do leste e do nordés de forza 7 a 8 e ondas de máis de 4 metros. E Formentera estivo incomunicada durante varias horas, polo peche do seu porto.

Para o domingo, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informa que as temperaturas descenderán de forma acusada na metade norte peninsular. A maior inestabilidade darase na metade leste, con precipitacións que poderán ser localmente fortes e con tormentas no Mediterráneo e persistentes en puntos do sueste peninsular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13