CRTVG

Buscar

O peirao de transatlánticos da Coruña prepárase para volver recibir cruceiros

Publicado o 05/06/2021 14:23

Tras máis dun ano sen cruceiros, na autoridade portuaria da Coruña están desexando recuperar esta imaxe da cidade, co seu peirao de transatlánticos aloxando buques de pasaxeiros. Teñen peticións de todas as navieiras e están contentos coa demanda suscitada.

As compañías están facendo reservas tamén para o 2022, ano en que o porto ten a mellor das expectativas.

Aseguran que os protocolos establecidos fan deste modelo turístico un dos máis seguros.
O porto de Vigo tamén ten previstas máis dunha trintena de escalas de cruceiros este verán.

Noticias web

05/06/2021