CRTVG

Buscar

O pedrazo dana viñedos na comarca de Valdeorras

Publicado o 09/07/2019 21:18

Técnicos da Xunta están avaliando as consecuencias das chuvias torrencias que caeron nas últimas horas sobre os viñedos do Bolo, O Barco e Rubiá, as zonas máis afectadas na comarca de Valdeorras. Os danos son moi desiguais. Algúns viñedos quedaron arrasados, pero outros poden ser aínda recuperables. Segundo o presidente do Consello Regulador da D.O. podería estimarse que un 20% da produción nesa zona estaría danada pero haberá que esperar ao que ditaminen os profesionais despois de comprobar cada viñedo.
Mentres, desde a Consellería do Medio Rural insisten na necesidade de proporcionarlles ás vides danadas, canto antes, os produtos adecuados. "O importante nestes momentos é que os viticultores lles dean os produtos cicatrizantes necesarios para paliar os danos", asegurou o conselleiro Xosé González, que este martes visitou a comarca.

Reiterou, tamén, a necesidade de que todos os viticultores aseguren os seus viñedos. A Xunta, lembrou, subvenciona unha parte importante das primas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019