CRTVG

Buscar

O pedrazo dana os cultivos das hortas na Limia

Publicado o 18/09/2019 14:35

Foron máis de 15 minutos de intensa sarabiada e a pedra quedou acumulada nas cunetas. Na aldea de Trandeiras, no Concello ourensán de Xinzo de Limia, din que nunca viran cousa igual. A pedra ata matou catro pitas.

A auga entrou nas casas e o pedrazo estragou por completo os cultivos das hortas e as árbores froiteiras.

Os veciños quéixanse da falta da limpeza das gabias e os camiños.

Caeron máis de 1.200 raios na provincia de Ourense, máis de 2.000 en toda Galicia, e un deles provocou estas fendas nunha estrada local do concello de Sarreaus.

Tamén en Trives a auga da treboada entrou nas casas. As máquinas da Deputación, por orde do Concello de Xinzo de Limia, afanábanse en retirar a terra que arrastrou a forte tromba de auga e tamén os restos do pedrazo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019