O peche perimetral de Madrid provoca moita actividade en aeroportos e estacións de tren
Publicado o 25/03/2021 21:34
A partir de mañá está restrinxida a mobilidade entre comunidades. E hoxe esperabase que fose un día con moita actividade en aeroportos e estacións de tren.
Dentro dunhas horas, Madrid quedará pechado perimetralmente despois duns días, ao contrario que outras comunidades, con liberdade de movementos.
Na estación de Chamartín houbo algo máis de movemento que outro xoves calquera. Pero a maioria de viaxeiros desprazabase porque lle toca ao marxe de peches perimetrais. Case todos volven á casa polas vacacións de Semana Santa, moitos cos que falamos, estudantes que unha vez rematadas as clases queren aproveitar estes días festivos para reencontrarse co seus.