CRTVG

Buscar

O peche das cidades provoca a cancelación de encargas de flores para Defuntos

Publicado o 30/10/2020 22:42

Pasou de ser un dos mellores días dun ano normal, a ser o peor día desta pandemia. Cóntannos nesta florería compostelá que nun día como o de hoxe a ringleira de clientes chegaría á porta.

Porén, co peche das cidades, o que eran pedidos, son hoxe cancelacións.

Nahir traballa en Santiago e ten a residencia en Palas. Tiñan as flores encargadas en Lugo pero non pode entrar, así que volve compralas para poder levalas ao camposanto.

Son os afortunados, pero non a esperanza dos floristas. Recoñecen que non fixeron os cálculos, pero as perdas son grandes.

O de mañá sería quizais o día máis forte do ano. Afróntano con resignación, pero tamén con moita preocupación.

O sector leva meses padedendo a cancelación de vodas, comuñóns e eventos. O Día dos Defuntos non se cancela, pero as súas flores murcharán, nos máis dos casos, lonxe dos seres queridos.

Noticias web

30/10/2020