CRTVG

Buscar

O peche da fronteira con Portugal na primeira onda deixou perdas na raia de 92 millóns

Publicado o 04/03/2021 17:03

A factura psicolóxica súmase a económica, que ten moitas frontes. Hoxe, por exemplo coñecemos as contas das perdas que trouxo o peche de fronteiras con Portugal na primeira onda. Un peche que agora volve ser unha realidade, polo menos ata despois da Semana Santa.

Aquel primeiro peche da fronteira histórico, do 17 de marzo ao 1 de xuño do ano pasado, deixou patente que o norte de Portugal e Galicia non se entenden a unha sen a outra. O impacto no produto interior bruto da raia foi de 92 millóns de euros.

25.000 persoas víronse afectadas directamente ao atoparse con filtros nas estradas que transitaban diariamente como se fora unha rúa máis da súa vila. É moi probable que desta volta as restricións se manteñan tamén dous meses e medio e veremos o impacto económico desta vez. 

 

Noticias web

04/03/2021