O PDeCAT confirma a súa emenda á totalidade aos presupostos do Estado
O PDeCAT confirmou nesta reunión que presentaría a súa emenda á totalidade, xusto o día en que remata o prazo. Recoñece que hai tempo para retirala, pero din que o acordo co Goberno está lonxe. A situación das contas foi o tema central da reunión que mantiveron Pedro Sánchez e Pablo Iglesias o mércores na Moncloa. O líder de Podemos reiteroulle que teñen que cumprir todos os puntos do acordado. E confían en que os orzamentos sairán adiante.
Irene Montero, voceira de Unidos Podemos: "O noso optimismo parte da base de que estes presupostos son bos para España e para Cataluña".
Para que os presupostos poidan tramitarse, os partidos cataláns teñen que retirar as emendas e ademais votar en contra das que tamén rexistraron o PP, Ciudadanos, Foro Asturias e Coalición Canaria.
Juan Carlos Girauta, voceiro de Ciudadanos: "Son os presupostos do pacto do cárcere, negociados nun bis a bis entre Junqueras e Pablo Iglesias"
As emendas á totalidade vótanse o mércores no Congreso.