O PDeCAT apoiará as contas e o BNG segue no non
O proxecto de presupostos sumou nas últimas horas seis novos apoios: os dous de Más País e os catro do PDeCAT. Os independentistas cataláns desmárcanse así dos seus aliados de Junts Per Cat, que manteñen o seu non ás contas. O voceiro do PDeCAT, Ferrán Bel, explicaba que "todo o mundo pode interpretar que é unha lexislatura que vai ter un certo percorrido. Os catro deputados do Partit Demócrata temos unha clara vontade de chegar a acordos".
Con estes apoios, o Goberno ten xa asegurados 185 votos a favor, 18 máis dos que lle deron a investidura a Pedro Sánchez. Daquel bloque só se descolga o BNG, que lamenta que as contas invistan en Galicia 100 millóns menos que os últimos presupostos do Goberno Rajoy. O deputado nacionalista, Néstor Rego, preguntábase: non lle da vergonza a este Goberno tratar a Galicia peor do que o facía o Partido Popular? Non lles dá vergonza, deputados e deputadas galegos, votar en contra dos intereses do noso país?".