CRTVG

Buscar

O Pazo dos Deportes de Riazor dá acubillo ás persoas sen fogar

Publicado o 23/03/2020 10:04

Desde a pasada noite o pavillón do Pazo dos Deportes de Riazor, na Coruña, dá acubillo ás persoas sen fogar. Desta maneira búscase garantir o confinamento daquelas persoas que non teñen casa. "É unha tarefa de responsabilidade social", din desde o Concello da Coruña.

A día de hoxe dispoñen de 39 camas, pero buscarán aumentar a súa capacidade.

Noticias web

23/03/2020