CRTVG

Buscar

O pazo de Vista Real, antiga propiedade dos Charlíns, terá agora un uso social

Publicado o 22/02/2019 17:31

Este casarío do século XVIII e as terras que o rodean, máis de 24.000 metros cadrados, foron adquiridas por Manuel Charlín, un dos patriarcas do narcotráfico en Galicia. As propiedades foron comisadas pola Audiencia Nacional, e no ano 2011 o Concello de Vilanova de Arousa comprounas en poxa pública, por algo máis dun millón de euros. 

Agora, o inmoble reconverteuse para fins sociais, para que a cidadanía poida facer uso del. 

Para o Goberno, esta é unha maneira de restituír o dano causado á sociedade, un xeito de recompensar os esforzos das chamadas 'nais contra a droga', ou das forzas de seguridade, entregadas á loita contra o narcotráfico.

A delegada do Plan Nacional sobre drogas visitaba hoxe o pazo de Vista Real, nun momento no que o Concello de Vilagarcía de Arousa acaba de adquirir outro símbolo do narcotráfico, Casa Jaureguízar, decomisada a Marcial Dorado. O inmoble será xestionado para fins sociais.  Azucena Martí, delegada do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas: "Que tenga que ver con poboación que estivese afectada, e Vilagarcía de Arousa estaba afectada pola drogadicción. Vai ser para servizos municipais,

O pazo de Vista Real desenvolve agora cursos de formación e outras actividades de lecer, relacionadas sobre todo coas novas tecnoloxías. O 30% do alumnado procede da comarca de Vilanova de Arousa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2019